Presentacion do autobús de Iberdrola e vehículo eléctrico en A Coruña

O pasado 21 de Outubro, na zona peatonal portuaria da Marina (O Parrote) celebrouse a presentación en A Coruña, do Autobús Ambiental de Iberdrola, e dunha exposición de Vehículos Eléctricos, co fin de potenciar o coñecemento e interese da cidadanía de A Coruña polas enerxías renovables e a movilidade verde eléctrica, como alternativas viables para a protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

O evento consistiu nunha breve presentación das actividades sobre enerxías renovables e das vantaxes ambientais dos vehículos eléctricos, para reducir as emisións contaminantes e os gases de efecto invernadoiro do transporte urbano, e para reducir tamén a produción de ruído.

O acto estivo presidido polo Delegado en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva e polos Decanos do Colexio de Enxeñeiros de Minas, Juan José Iglesias e do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Oriol Sarmiento.