Xornada celebrada en Santiago sobre aforro e eficiencia enerxética nas empresas

Este 12 de xaneiro celebrouse na sede do Mupega en Santiago una xornada técnica para achegar información detallada sobre a liña de axudas do INEGA para o aforro enerxético ás empresas. Na xornada tamén se achegou información sobre distintas solucións aplicables nas empresas para racionalizar o consumo e diminuír a factura enerxética.

A presentación das liñas de axudas foi a cargo de José Ángel Abad Sánchez, xefe de área de aforro e eficiencia enerxética do Inega. Estas axudas son para auditorías enerxéticas, mobilidade con combustibles alternativos, implantación de sistemas de xestión enerxética e proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Na presentación de solucións participaron Martín Pita López, director de AENOR, sobre sistemas de xestión enerxética certificados en Galicia, Manuel Lage, secretario xeral de GASNAN, sobre mobilidade con combustibles alternativos e Alberto Méndez, xerente de CO2 Smart Tech sobre Industria 4.0. 

A apertura da xornada foi a cargo de Javier Aguilera Navarro, director xeral do Igape e foi clausurada por Ángel Bernardo Tahoces, director do Inega.