A I Feira da Enerxía de Galicia converterase do 14 al 16 de abril nun efectivo espazo de converxencia sectorial

A Feira da Enerxía de Galicia terá lugar do 14 ao 16 de abril, e converterase nun efectivo punto de encontro do sector. A súa área expositiva da cabida a todos os ámbitos enerxéticos e contará coa presenza das principais empresas e entidades do sector, que amosarán as súas propostas e innovacións.

Contará cun atractivo programa confeccionado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o resto do seu comité organizador. Comporase dun importante número de xornadas técnicas de máximo interese como a eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, a biomasa ou o frío industrial. A elas sumaranse diversas presentacións e outras propostas, como un circuíto de coches eléctricos.

Tanto o listado dos expositores participantes nesta primeira edición como o programa de actividades ao completo poden consultarse na páxina web do certame, na cal figuran este contidos totalmente actualizados.

A I Feira da Enerxía de Galicia conta co respaldo dun notorio Comité Organizador encabezado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia a través do Inega e conformado por outras dezanove federacións, confederacións, asociacións, clusters e colexios oficias e tamén once importantes empresas enerxéticas.