Charla de Fernando Blanco sobre o recibo da luz en Pontedeume

O vindeiro xoves 23 de marzo terá lugar unha charla-coloquio co título "O custo da enerxía: O recibo da luz" organizada polo Ateneo Eumés; este evento terá lugar na Casa da Cultura de Pontedeume ás 20:00, sendo de acceso libre. O ponente será Fernando Blanco Silva, director de Dínamo Técnica e delegado en Santiago do Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia.

A charla ten carácter divulgativo, tendo como fin a concienciación á poboación da importancia dun consumo responsable da enerxía, o seu impacto ambiental e os custes enerxéticos nas economías domésticas. Incluiránse algunas recomendacións para acadar a rebaixa dos custes enerxéticos, para as familias.

Artículo de Fernando Blanco Silva en La Voz de Galicia 19/03/17 "Por qué varía tanto la tarifa"