Xornada en Vigo sobre mobilidade baixa en emisións

Co gallo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, o vindeiro luns, 6 de marzo, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), organiza unha xornada adicada á mobilidade baixa en emisións, con especial atención ao gas natural como solución óptima para o transporte marítimo e terrestre pesado e o vehículo eléctrico como solución para o transporte lixeiro.

O 35% do consumo enerxético de Galicia correspóndelle a o sector do transporte (incluido o marítimo e comercial) que debe ser sostible con tres obxectivos claros: reducir a dependencia do petróleo, reducir as emisións de CO2 e  reducir os óxidos de nitróxeno e outras partículas para mellorar a calidade do aire nas cidades,

Na xornada intervirán Rodrigo Díaz Ibarra, director de Desarrollo de REGANOSA, Sergio Tarrío Sieira, responsable do departamento de I+D+i de CASTROSUA e Ricardo de Lombas, responsable de vehículos eléctricos do GRUPO PSA en España. Abrirá a xornada Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e pechará Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas e Director do INEGA.

Xornada Día da Eficiencia Enerxética:


Data: Luns, 6 de marzo de 2017
Lugar: Auditorio do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (C/ Concepción Arenal, 8, Vigo).

Inscricións por e-mail ou no teléfono 981 541 509.