Xornada sobre mobilidade baixa en emisións celebrada en Vigo

O pasado 6 de marzo celebrouse en Vigo unha xornada organizada por Inega con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, dedicado este ano á mobilidade baixa en emisións,coa participación de Rodrigo Díaz, de Reganosa, Sergio Tarrío, de Castrosua e Ricardo de Lombas, do Grupo PSA.


Rodrigo Díaz Ibarra, director de Desarrollo de REGANOSA, expuso unha ponencia sobre o gas natural como alternativa ao combustible do transporte marítimo, Sergio Tarrío Sieira, responsable do departamento de I+D+i de CASTROSUA, sobre o uso do gas natural en transporte terrestre e Ricardo de Lombas, responsable de vehículo eléctrico do GRUPO PSA en España, sobre vehículo eléctrico e as súas oportunidades e retos en Galicia.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, fixo a apertura e no seu discurso sinalou a importancia de que Xunta de Galicia , empresas e particulares traballen xuntos para impulsar a eficiencia enerxética. O conslleiro sinalou ao gas natural como a mellor solución, técnica, ambiental e económica para o transporte marítimo e terrestre pesado e o uso do vehículo eléctrico para a mobilidade urbana e o transporte lixeiro.

Conde sinalou a aposta da Xunta pola eficiencia enerxética coa convocatoria de renovación de fiestras deste ano, xa pechada, e a nova convocatoria de axudas á biomasa.