Visita dos enxeñeiros industriais para coñecer a operativa técnica de SOGAMA

Membros do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), visitaron o pasado venres 5 de maio o complexo medioambiental de Cerceda para coñecer a operativa loxística e técnica desenvolvida no mesmo. Foron recibidos polo Presidente da SOGAMA, Javier Domínguez, e acompañados en toda a visita polo Director Xeral, o enxeñeiro industrial Isidro García.

A presentación serviu para coñecer o modelo de xestión de residuos urbanos de SOGAMA no que se aplica a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), e a recuperación enerxética da fracción non reciclable.

A tecnoloxía de Leito Fluído Circulante, única en España para plantas deste tipo, con temperaturas superiores a 850ºC e cunha combustión máis homoxénea que sirve para reducir emisións, moi por baixo dos límites legais.

Os enxeñeiros tamén poideron coñecer o proceso de ampliación de Sogama que lle permitirá incrementar a capacidade nun 81% para converterse, en xaneiro de 2019, nunha das plantas máis grandes e eficientes do mundo.

Finalmente os enxeñeiros fixeron un percorrido guiado polas distintas instalacións que conforman o complexo medioambiental de Cerceda.


O decano de ICOIIG co presidente e director de Sogama