Manuel López Portela, novo presidente de ACLUXEGA

O 21 de xullo foi elixido en Asamblea Extraordinaria, Manuel López Portela como novo presidente de ACLUXEGA. López Portela é socio fundador e vicepresidente deste Clúster de Xeotermia de Galicia  ata esa misma data.

López Portela é CEO da empresa ENERTRES de consultoría, deseño e comercialización de sistemas de alta eficiencia enerxética con enerxías renovables.

Tamén é membro do Grupo de Traballo do Comité Técnico de normalización de AENOR para a norma UNE Xeotermia e tamén é membro da xunta directiva da sección de xeotermia de baixa entalpía de APPA.

É habitual poñente en congresos, xornadas de difusión, charlas técnicas, etc.  en colexios de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, asociacións de instaladores, etc e en diferentes eventos como  GEOENER, GENERA, Feira BIOATLANTIC ou Congreso Internacional da Xeotermia de Galicia.