Foro Enerxético de Galicia, iniciativa para impulsar o debate sectorial

Neste mes de setembro constituiuse en Santiago o Foro Enerxético de Galicia. Trátase dunha iniciativa para impulsar o debate do sector enerxético da Comunidade, facendo propostas sobre infraestruturas enerxéticas, innovación e promovendo o coñecemento dun sector no que Galicia é referente nacional.

Trátase dunha iniciativa independente, non vinculada a ningún organismo e formada por profesionais de recoñecido prestixio no sector da enerxía en Galicia. O seu voceiro é Fernando Blanco Silva, director de Dínamo Técnica.