Anunciados tres novos proxectos eólicos en Galicia

Tra-la declaración feita en decembro de 2017, de 18 parques eólicos e 14 infraestruturas de evacuación de interese especial, a Xunta de Galicia anunciou hoxe outras tres iniciativas máis. Con elas, fan un investimento total de 543 millóns de euros e suman uns 500 MW de potencia eólica en Galicia.

Os proxectos son:

  • Parque eólico Picato, nos concellos de Guntín, Lugo e Friol. Conta con 21 aeroxeradores e unha potencia de 42MW. Terá unha produción anual de 120GWh. 
  • Repotenciación do parque eólico de Zas, cunha redución de 80 a 10 aeroxeradores, un incremento da potencia dos 24 aos 26,25 MW e unha produción anual de 100,27 GWh. 
  • Repotenciación do parque eólico de Corme (Ponteceso), que pasa de 61 a 7 aeroxeradores, cun aumento da potencia, de 18,3 a 18,375 MW e unha produción anual de 77,40 GWh. 

Entre os tres proxectos fan un investimento de 93,3 millóns de euros.

A través da declaración de interese especial, figura introducida na nova Lei de implantación empresarial, permitese a tramitación prioritaria destes proxectos, sempre que cumpran as garantías urbanísticas, técnicas e medioambientais.