Repotenciación do parque eólico de Malpica

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, inagurou onte a repotenciación do parque eólico de Malpica, que reduce o número de 69 aeroxeradores a 7 de maior potencia. Convértese así no segundo parque que se repotencia en Galicia, despois de Cabo Vilán. A repotenciación fíxose cun investimento de 22 millóns de euros.

No seu discurso, o presidente da Xunta lembrou que as renovables achegan case o 90% da electricidade que consumen os galegos. Galicia é a segunda comunidade que más electricidade produce con enerxías renovables, supón o 4,3% do PIB de Galicia e xenera máis de 32.000 empregos.

Na actualidade hai 18 parques eólicos declarados como proxectos de especial interese e 12 xa están autorizados. Estes 18 novos parques eólicos suman 409 MW. Feijoo tamén sinalou que a finais de outubro do ano pasado, púxose en marcha o rexistro eólico galego, onde xa se contabilizan solicitudes de execución de 1126 MW.

Inauguración da repotenciación do P.E. Malpica

Neste artículo de Manuel Lara Coira, publicado no número 20 de Dínamo Técnica podes coñecer máis sobre a orixe da enerxía eólica en Galicia. LEER "Treinta años de eólica en Galicia".