Xornada “Instalacións de biomasa, claves para o instalador”

A II Feira da Enerxía de Galicia se celebra do 22 ao 24 de marzo no recinto ferial de Silleda (Pontevedra). Conta cun amplo programa de xornadas técnicas e eventos sectoriais.

Unha destas xornadas é a de “Instalacións de biomasa, claves para o instalador”. Celébrase o xoves 22 de marzo e está organizada pola Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (AVEBIOM).

Está dirixida a instaladores para coñecer o correcto funcionamento dunha instalación de biomasa. Participarán poñentes de empresas da asociación e estarán centradas en diferentes temáticas da cadea de valor da biomasa.

Outras xornadas que se celebran no marco da Feira son a xornada sobre xeotermia, organizada por Acluxega, o Foro Iberoamericano de la Energía, organizado polo Instituto Iberoamericano de Ingenieros de la Energía ou a presentación do libro "El Triángulo de la Gestión Energética" polo seu autor, Fernando Blanco Silva, director desta revista Dínamo Técnica.