O Foro Enerxético de Galicia reivindica máis innovación no sector

O Foro Enerxético de Galicia celebrou unha nova reunión para facer unha chamada a administracións e empresas de Galicia para apostar dunha maneira clara e decidida polo I+D+i como elemento tractor da economía galega e do sector enerxético.

O Foro propón para conseguilo, aumenatr as colaboracións público-privadas, o impulso á innovación en renovables e redes distribuidas e aproveitar o coñecemento de proxectos xa rematados en enerxías mariñas, biomasa, biogás e xeotermia . Propoñen o impulso de proxectos demostradores de enerxía eólica offshore, almacenamento con hidróxeno ou redes distribuidas.

O Foro Enerxético de Galicia reune peridicamente a expertos en enerxía de Galicia para lanzar propostas para a mellora do sector. É unha iniciativa non oficial e independente, non vinculada a ningunha administración, empresa ou grupo de interese.