Firma do acordo para incluir a xeotermia na marca Galicia Calidade

O pasado 20 de maio celebrouse en Santiago a firma do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, o clúster galego de xeotermia Acluxega e o centro tecnolóxico EnergyLab para estender a marca Galicia Calidade ao sector da xeotermia.

Pretende impulsar, deste xeito, a calidade e fiabilidade das empresas galegas ligadas a xeotermia. Aquelas que queiran adherirse estarán certificadas a través de Galicia Calidade e Acluxega, coa colaboración de EnergyLab para verificar o cumprimento dos requirimentos técnicos e de calidade.

Galicia Calidade, como xa fixo coa biomasa, amplía o seu catálogo de más de 350 produtos de orixe galego de calidade. O acordo permite que as empresas podan ter unha maior presenza a nivel estatal. 

No acto da firma participaron Manuel López Portela, presidente de Acluxega, Juan Ignacio Rodríguez, director de EnergyLab e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.