Xunta anuncia axudas contra a pobreza enerxética

A Xunta de Galicia abriu onte o prazo para solicitar axudas complementarias ao bono social do Estado para que os consumidores máis vulnerables poidan evitar os cortes de subministro eléctrico nos seus fogares. A convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A nova liña de apoios ten adicados 1,2 millóns de euros. Os destinatarios son residentes en Galicia que sexan titulares dun contrato de subministración eléctrica con tarifa de último recurso e certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

Os apoios son dun 50% da factura eléctrica cunha contía máxima anual de 250 ou 400 euros, para familias numerosas. Coas axudas estatais permiten aos beneficiarios non ter que pagar pola factura eléctrica.

Comentarios