Presentación do proxecto LifeDemoWave de enerxía undimotriz

O proxecto LifeDemoWave presentouse hoxe no porto exterior de Punta Langosteira na Coruña. Ten un orzamento de 1,8 millóns de euros e participan seis empresas e centros tecnolóxicos galegos. O prototipo de boia undimotriz instálase na zona experimental marítima de Punta Langosteira, xestionada polo Inega.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, participou na presentación. Indicou que Galicia é a Comunidade co maior potencial de enerxía undimotriz. Subliñou que corresponde a Galicia un 40% do potencial de enerxía das ondas en España, entre 6 e 8 GW dun total de 20GW. Segun o conselleiro, Galicia é a única, xunto co País Vasco, que experimenta con este tipo de enerxía producida a partir das ondas do mar.

Conde sinalou tamén que a redución do impacto do cambio climático impulsando as enerxías renovables e a eficiencia enerxética é un reto prioritario para Galicia, recollido nas Directrices Enerxéticas 2018-2020. O investimento para impulsar as enerxías limpas será de 1300 millóns de euros e 1200 MW de instalacions renovables.