
Por outra banda, 232 proxectos son auditorías, sistemas de xestión enerxética e proxectos de aforro e eficiencia. Englóbase neste grupo a instalación de plantas fotovoltaicas para autoconsumo, renovación de maquinaria industrial de proceso e de instalacións auxiliares (compresores de aire ou equipos de frío), enerxía aerotérmica para climatización e proceso, substitución da iluminación pouco eficiente por tecnoloxía LED e a implantación de sistemas de xestión enerxética.
A axuda pública suma 7,75 millóns de euros, estimando unha inversión total de 30 millóns de euros. As iniciativas teñen un importante impacto ambiental, reducindo as emisións á atmósfera en 25.700 toneladas de CO2 ao ano.
Segundo o INEGA, a estimación de aforro na factura enerxética para os beneficiarios das axudas é de 5,5 millóns de euros ao ano, incrementando a competitividade empresarial e reducindo os custos dos concellos.
As iniciativas foron presentadas hoxe polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces e enmárcanse nas novas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020.
Comentarios
Publicar un comentario