Posta en marcha da rede de calor de biomasa de Silleda

O pasado venres 26 de outubro celebrouse o acto oficial de posta en marcha da rede de calor de biomasa de Silleda. Participaron, entre outros, Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Angel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxia e Minas e Manuel Cuiña, alcalde de Silleda.

A nova rede de calor con biomasa de Silleda conta cunha potencia de 1 MW. Trátase dunha rede de 400 metros, que abastece seis edificios: unha residencia de día, unha piscina, un campo de fútbol, un pavillón, unha escola infantil e un hotel. Este district heating permitirá aforrar 74.000 euros anuais en combustible ao Concello de Silleda, evitando a emisión de 382 toneladas de CO2 ao ano. O proxecto tivo un investimento de 816.500 euros, contando cun importante apoio da Xunta de Galicia.

No acto da posta en marcha, o conselleiro Francisco Conde, enmarcou esta actuación na aposta da Xunta por impulsar a biomasa a través da Estratexia Integral da Biomasa 2014-2020 e das Directrices Enerxéticas de Galicia.

Este impulso a biomasa dos últimos años materializase en novas actuacions como a instalación de 5.000 novas caldeiras, realizar outros dous proxectos de district heating con biomasa; impulsar unha planta de biomasa de 50 MW en Curtis ou proxectos singulares como o district heating de San Caetano. A biomasa é un combustible autóctono, vinculado ao territorio, renovable e respectuoso co medio natural, que potencia a economía verde, xerando valor e emprego en todo o seu ciclo produtivo.

O responsable técnico do proxecto é o enxeñeiro industrial Ricardo González Santos, que no ano 2017 iniciou a sua colaboración co Concello, a través dun convenio do Colexio de Enxeñeiros Industriais.