Reunión das industrias electrointensivas coa Xunta de Galicia

Representantes da consellería de Economía, Emprego e Industria mantiveron onte unha reunión con representantes das empresas electrointensivas de Galicia. A reunión tivo como obxectivo a constitución dunha mesa de traballo para establecer un diálogo fluído entre a administración galega e as empresas, tanto de cara a poxa de finais de ano como na procura dun marco eléctrico estable.

Para conseguir este marco estable son necesarias medidas estruturais que permitan abaratar o custo eléctrico con respecto a outros países do entorno. A reunión contou coa presencia do conselleiro Francisco Conde, que  sinalou que a transición enerxética ten que conxugar medidas que reduzan o impacto do cambio climático con outras que permitan fixar tecido industrial.