Axudas do INEGA para eficiencia enerxética e renovables

O Instituto Enerxético de Galicia impulsará nos primeiros meses de 2019 tres programas de axudas para impulsar a implantación de medidas de eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables tanto a nivel doméstico como empresarial.

As convocatorias se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas próximas semanas.

A primeira convocatoria será a de instalación de caldeiras de biomasa para familias e comunidades de propietarios en zonas non densamente poboadas. Concedense apoios de ata 60.000 euros.

O programa que impulsa a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética conta cun orzamento de 3,76 millóns de euros. Está destinado a empresas e autónomos do sector servizos e a industria.

Por último, o programa para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola primario, conta cun orzamento de 1,72 millóns de euros. Apoia a instalación de equipos térmicos de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia e solar térmica; así como o autoconsumo con minieólica e solar fotovoltaica. Tamén proxectos de aforro e eficiencia enerxética. As axudas son de ata 300.000 por empresa.

As convocatorias foron presentadas o pasado 21 de decembro polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces. Enmárcanse nas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, coas que se impulsará a eficiencia enerxética e as enerxías renovables de carácter autóctono, cun investimento de máis de 3.000 millóns de euros.