Xornada sobre valorización da biomasa residual da agricultura e do forestal

O pasado 28 de novembro celebrouse en Santiago una xornada sobre "Valorización de biomasa residual de alto potencial na Eurorrexión", no ámbito do proxecto Biomasa-AP.

O proxecto ten por obxectivo optimizar a explotación e o aproveitamento enerxético da biomasa dos restos de poda de vide e kiwi e das matogueiras. Tamén a avaliacion da súa utilización en procesos de combustión e gasificación para xeración de enerxía térmica e eléctrica a pequena escala.

O aproveitamento da biomasa de procedencia agrícola e forestal permite unha maior competitividade das empresas destes ámbitos e unha mellora da sustentabilidade.

O líder do proxecto é o centro tecnolóxico galego EnergyLab, e conta con varios socios galegos, como o INEGA, o XERA, a Universidade de Vigo, e o Feuga, e temán varios portugueses. É un proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020.

O apoio da administración autonómica enmárcase na "Estratexia integral de impulso da biomasa con fins térmicos", para o aproveitamento dun dos recursos enerxéticos autóctonos de Galicia e crear valor e emprego en todo o ciclo produtivo, mellorando tamén o medio ambiente polo uso dunha fonte menos contaminante. Dende a posta en marcha desta Estratexia en 2014 instaláronse unhas 5000 caldeiras de biomasa, para uso administrativo, en vivendas ou en empresas.

Comentarios