Xornada do INEGA sobre transición enerxética

O pasado 4 de marzo celebrouse en Pontevedra a xornada "A transición cara a un modelo enerxético máis sustentable". Foi organizada pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), co gallo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética que se celebra cada ano o 5 de marzo.

A xornada contou co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou que Galicia conta cunha transición enerxética “planificada, dialogada e responsable” a través das Directrices Enerxéticas 2018-2020.

Tamén sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria conta con catro liñas de axudas para favorecer a eficiencia enerxética tanto no eido industrial como nas administracións públicas e nos fogares. Trátanse de apoios a proxectos de biomasa, aerotermia, xeotermia e fotovoltaica.

Conde tamén resaltou que Galicia aumentou na última década a súa capacidade en renovables en 754MW e que na actualidade se están a desenvolver novos proxectos, como son 16 parques eólicos e a planta de biomasa de 50 MW de Greenalia en Curtis. O ano pasado, do obxectivo de consumo de renovables fixado pola UE para 2030 (un 32%), Galicia xa cumpliu co 35%, por diante da Unión Europea e da media española.

Na xornada tamén participaron varios referentes do sector enerxético como Miguel Temboury, director Noroeste de Endesa, Natalia Barreiro Mata, directora de Produción na Refinería de Repsol da Coruña, Juan García-Marquina, director de Enerxía de Celsa ou Irene Menéndez, xefa do departamento de “Desarrollo Urbano Sostenible” do IDAE.

Comentarios