Axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas

A Xunta de Galicia convoca as axudas para desenvolver proxectos de enerxías renovables térmicas para administracións locais, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos. A previsión é de mobilizar uns 5 millóns de euros no sector.

As axudan abarcan iniciativas de equipamentos para utilizar biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que empreguen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou solar térmica.

O prazo para solicitar estes apoios abriuse hoxe e remata o 27 de maio. A presentación realizase de xeito electrónico. A convocatoria se realiza en réxime de concorrencia competitiva. Os apoios son do 80% para entidades locais e sen ánimo de lucro; do 70% para as pequenas empresas; do 60% para as medianas e do 50% no caso das grandes.




Comentarios