Xornada sobre enerxía na Maker Faire Galicia (Santiago, 3 de xullo)

Maker Faire Galicia organiza unha serie de xornadas co obxectivo de achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker. A primeira destas xornadas celébrase o mércores 3 de xullo con mesas de debate sobre enerxía, mobilidade e intelixencia artificial. Participarán profesionais de empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Indra, entre outras.

Os asistentes tamén poden visitar a feira expositiva formada polos stands das empresas expositoras e polos makers que participan na competición de proxectos. Estas xornadas contan coa colaboración de APD (a Asociación para o Progreso da Dirección). O evento xeral conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese.

Lugar: edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago.
Data: 3 de xullo de 2019. de 09:30 a 13.30

Máis información e inscripcións

Comentarios