Instalación de autoconsumo, puntos de recarga de VE e iluminación LED en San Lázaro

O complexo administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro, Santiago de Compostela, estrenou o 5 de agosto novas instalacións enerxéticas, cun investimento preto de 1,2 millóns de euros. Estímase que aforrará preto de 50.000 euros ao ano e rebaixará as emisións de CO2 en 115 toneladas anuais.

Este novo proxecto consta dunha nova instalación de autoconsumo solar fotovoltaica, cinco puntos de recarga para vehículos eléctricos e a renovación da iluminación exterior con tecnoloxía LED.

A instalación solar inclúe 1173 paneis fotovoltaicos repartidos entre os edificios das consellerías de Saúde, Medio Ambiente e Economía, Emprego e Industria. Cobre o 15% do consumo dos edificios, o equivalente a 130 vivendas.

A renovación da iluminación exterior con tecnoloxía LED consiste na substitución de 34 luminarias por 69 novas. Tamén se fai a ordenación e mellora da zona do aparcadoiro e a instalación de puntos interactivos de información.

No acto de inauguración participou o conselleiro Francisco Conde, que lembrou a aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia enerxética e as renovables, co investimento nesta lexislatura de 32 millóns de euros para reducir a dependencia enerxética e contribuír á loita contra o cambio climático.

Entres as últimas accións levadas a cabo están a nova iluminación en San Caetano, o impulso á Rede de Enerxía da Xunta (Redexga) e o fomento do traballo con madeira nas edificacións públicas.


Fotografías de Fernando Blanco Silva.

Comentarios