Xornada "A xeotermia e a calidade" (Santiago 04/10)

Acluxega organiza o próximo 4 de outubro en Santiago a xornada "A xeotermia e a calidade". Na primeira parte intervirán Alfonso Cabaleiro Durán, Director Xerente de Galicia Calidade, Manuel López Portela, Presidente de Acluxega e Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, Director Xeral de Energylab. Tamén intervirán a Directora de Acluxega, Belén Sio Lourido, o representante da empresa Energanova, Javier Méndez Garrido e o Xerente do Hotel Bela Fisterra, José Formoso.

A segunda parte da xornada consta dun panel de representantes de empresas asociadas. Intervirán:
  • Ahorro Energético Enertra, S.L - Sergio Fernández.
  • Clitecma Instalaciones, S.L - Jose Manuel Oliveira.
  • Novagal Ingeniería y Renovables - Alberto Sampedro.
  • Renovables del Atlántico, S.L - Jose Luís López.
  • Sondeos Nigrán, S.L - Alicia Comesaña.
  • Pansogal, SLNE - Carmelo Díaz.
Xornada: A xeotermia e a calidade

Data: venres, 4 de outubro de 2019. Horario de 10:00 a 13:00.
Lugar: centro IESIDE en Santiago de Compostela (Rúa Nova, 33).
Inscripción por E-MAIL ou no teléfono 886122895.

Comentarios