Xornada sobre as axudas FEDER-IDAE para proxectos enerxéticos de entidades locais

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), a Deputación da Coruña e o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía ( IDAE) organizan o vindeiro xoves 24 de outubro unha xornada sobre as axudas FEDER-IDAE destinadas a proxectos enerxéticos de entidades locais.

Participaran nela especialistas como Irene Menéndez, do IDAE, Ángel Calvo, xerente de SETGA e delegado do CEI (Comité Español de Iluminación) ou Antonio Aguilar, da Asociación de Mantemento Integral. Abrirá a xornada Valentín González Formoso, presidente da Deputación e moderará Jesús Castro, xerente de FAEPAC.

Xornada sobre as axudas FEDER-IDAE para proxectos enerxéticos de entidades locais.

Data: 24 de outubro de 2019. Horario: de 9.30h a 14:00h.
Lugar: Pazo de Mariñán (Bergondo).

Programa Xornada e Inscrición

Comentarios