¿Que é o Custo Óptimo na edificación?

Custo óptimo, nivel óptimo de rendabilidade, custo-eficacia ou custo-efectividade son términos a miúdo utilizados para referirse ó mesmo concepto, aquel que permite elixir de entre varias opcións aquelas que ofrezan os valores máis equilibrados entre a inversión realizada e o custo de enerxía aforrado.

É un dos poucos valores que no eido da construción incorporan o parámetro económico ás intervencións de aforro enerxético, vencellándoo estreitamente co consumo de enerxía nas vivendas.

Unha vez propostas as diferentes medidas de aforro, como poden ser a sustitución de instalación térmicas, a mellora de fiestras ou do aillamento nos edificios, é necesario facer cálculos en dúas liñas, por unha banda cuantificarase o aforro de enerxía primaria e doutrabanda o custo global para cada unha das medidas propostas.

¿Cómo elexir aquela medida máis óptima?, poderá elaborarse unha gráfica que represente os datos obtidos, referenciando no eixo horizontal de abcisas o consumo de enerxía primaria (kWh/m2 superficie útil ó ano), e no eixo vertical das ordenadas os custos globais (€/m2superficie útil). Deste xeito cada medida representará un punto da gráfica que no seu conxunto adoitará unha curva de custos específica, semellante á Figura 1.

Figura 1. Custo óptimo en intervencións de aforro enerxético en edificación (Directrices ó RD 244/2012).

De entre todas elas, aquela que ofreza o punto máis baixo na curva (na ilustración é a medida 3) indicará automáticamente o nivel óptimo de rendibilidade de eficiencia enerxética. Se houbera diversos valores con custos iguais ou semellantes, aquel que ofreza o menor consumo de enerxía será o máis adecuado.

A orixe deste concepto establécese na Directiva 2010/31/EU [i], que plantexa que as solucións deberán ser “técnica, funcional e económicamente viabeis”; posteriormente desenrolado no Reglamento RD 244/2012 [ii], e nas directrices aclaratorias [iii], nas que se plantexa a metodoloxía de cálculo.

Dadas as diferencias lóxicas de diversidade constructiva, climática e prezos da enerxía, a Comunidade Europea permite particularizala, e establece a necesidade que cada Estado defina o seu propio marco metodolóxico que permita calcular e comparar os niveles óptimos de rendabilidade: “Despite a common methodology to calculate cost optimal levels, the results are not fully comparable between countries, as Member States are free, for example, to choose the macroeconomic or financial perspective when calculating cost optimal values or have different national rules to calculate energy performance of buildings” [iv].

Polo que respecta a España, na actualidade non existe ninguna metodoloxía de custo óptimo, sendo a única referencia oficial o informe publicado polo Ministerio de Fomento no ano 2013 [v], na que se establece unha análise comparativa de medidas para edificios existentes e de nova construcción nas diferentes zonas climáticas de España.

Notas:

[i] Directiva 2010/31/EU del Parlamento Europeo y del Consejo, relativa a la eficiencia energética de los edificios (refundición). Diario Oficial de la Unión Europea, nº L 153.

[ii] Reglamento Delegado RD 244/2012 de la Comisión de 16 de enero de 2012 que complementa la Directiva 2010/31/UE. Diario Oficial de la Unión Europea, nº L 81.

[iii] Directrices que acompañan al Reglamento Delegado RD 244/2012. Diario Oficial de la Unión Europea, 2012/C 115/01.

[iv] Assessment of cost optimal calculations in the context of the EPBD (ENER/C3/2013-414), final report. ECOFYS y European Insulation Manufacturers Association-EURIMA, 2015.

[v] Report on cost optimal calculations and comparison with the current and future energy performance requirements of buildings in Spain. Ministerio de Fomento, 2013.

Artigo para Dínamo Técnica de Pablo Fernández Ans, Aparellador, Enxeñeiro de Edificación. Rehabilita Energía.


Comentarios