A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) volverá converterse en espazo de referencia para o sector da enerxía. Será do 26 ao 28 de marzo de 2020 coa celebración de ENERXÉTIKA, nome da ata agora Feira da Enerxía de Galicia. Un certame que renova a súa denominación para non acoutar o evento e adecuarse así á súa importante evolución e a unha crecente internacionalización que permitiu xa cumprir os requisitos necesarios para solicitar o selo de internacionalidade que outorga o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
ENERXÉTIKA, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforzará o seu valor como punto de encontro para empresas, institucións, profesionais e consumidores. Así, negocio, innovación, análise e divulgación serán os eixos dun foro imprescindible ante o momento excepcional e determinante que vive o sector da enerxía.
Nesta terceira edición a feira seguirá a súa máxima de constituírse nunha gran mostra, con todos os ámbitos e tipos de enerxía na súa exposición: desde enerxías convencionais e renovables ata eficiencia enerxética, mobilidade sustentable, material e equipos para instalacións, electrónica industrial, iluminación, servizos, institucións, asociacións e formación. Neste sentido, o obxectivo da organización é seguir aumentado a presenza expositiva, tanto en número de empresas e entidades como en superficie ocupada.
Será así unha gran oportunidade para dar a coñecer o presente e o futuro do sector no seu conxunto, presentando aos profesionais as tecnoloxías e prototipos vinculados ao cambio de paradigma enerxético e informando ao consumidor final.
As xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máxima actualidade que serán debullados por relatores de recoñecido prestixio, os cales achegarán unha interesante visión da situación e os retos do sector. Abordaranse, entre moitos outros, a transición enerxética, mobilidade sustentable, aforro e eficiencia, bioconstrución, seguridade industrial, coxeración ou economía circular.
Sumaranse outras propostas que potenciarán o salón como espazo de converxencia de todos os axentes implicados no ámbito enerxético. Así, ademais dalgunhas novidades cuxa incorporación está a ser estudada, levaranse a cabo diversos talleres, presentacións tanto de proxectos como de produtos e asembleas de colectivos con gran importancia dentro do sector.
Tamén se habilitará na zona exterior do recinto un circuíto de mobilidade alternativa no cal os visitantes poderán probar e coñecer as prestacións de distintos vehículos eléctricos, híbridos e de gas. Unha proposta que conta gran éxito entre os asistentes, os cales mostran gran interese por coñecer as prestacións destes modelos.
En canto aos visitantes que recibiu o salón durante os seus tres días, ascenderon a 6.235, un 13,3% máis. Rexistrouse público de practicamente todas as comunidades autónomas e tamén doutros países, na súa maioría de Portugal, pero tamén de Francia, Suíza, Uruguai, Dinamarca e Reino Unido. Acudiron profesionais e tamén estudantes e consumidores interesados en coñecer novidades.
O seu programa destacou pola amplitude das súas propostas e a participación do público. Desenvolvéronse 86 conferencias agrupadas nun total de 29 xornadas, organizadas por diversas empresas e tamén destacada entidades, como o Instituto Enerxético de Galicia (Inega); Instituto Iberoamericano de Ingenieros de la Energía, Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (Avebiom), Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Federación Galega de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (Fegasinel) e os clústers galegos Agaen e Acluxega. Conducidas por 91 profesionais de máis de 60 entidades, algúns dos aspectos nos que profundaron foron as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, biomasa, autogás, softwares de xestión enerxética, aerotermia, edificios de consumo case nulo, o proxecto Core LNGas hive, mobilidade sustentable, autoconsumo, xeotermia, biogás, coxeración ou hibridación.
Ademais, non faltaron espazos divulgativos como o da Fundación Sotavento Galicia e o Inega, circuítos, talleres ou encontros sectoriais como o da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets (Apropellets), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia (Aecalpo), Fegasinel e tamén o dos clústers da enerxía de Galicia, no que participaron o do Autoconsumo e da Eficiencia Enerxética (Agaen), o de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e o da Xeotermia Galega ( Acluxega).
ENERXÉTIKA, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforzará o seu valor como punto de encontro para empresas, institucións, profesionais e consumidores. Así, negocio, innovación, análise e divulgación serán os eixos dun foro imprescindible ante o momento excepcional e determinante que vive o sector da enerxía.
Nesta terceira edición a feira seguirá a súa máxima de constituírse nunha gran mostra, con todos os ámbitos e tipos de enerxía na súa exposición: desde enerxías convencionais e renovables ata eficiencia enerxética, mobilidade sustentable, material e equipos para instalacións, electrónica industrial, iluminación, servizos, institucións, asociacións e formación. Neste sentido, o obxectivo da organización é seguir aumentado a presenza expositiva, tanto en número de empresas e entidades como en superficie ocupada.
Será así unha gran oportunidade para dar a coñecer o presente e o futuro do sector no seu conxunto, presentando aos profesionais as tecnoloxías e prototipos vinculados ao cambio de paradigma enerxético e informando ao consumidor final.
Un programa que volverá superarse
O programa de actividades desta feira tense convertido nun dos seus distintivos. Xa como ENERXÉTIKA incidirá aínda máis na súa atractiva formulación. Destacarán as propostas orientadas a profesionais pero ao mesmo tempo será unha ferramenta con gran valor informativo, formativo e pedagóxico.As xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máxima actualidade que serán debullados por relatores de recoñecido prestixio, os cales achegarán unha interesante visión da situación e os retos do sector. Abordaranse, entre moitos outros, a transición enerxética, mobilidade sustentable, aforro e eficiencia, bioconstrución, seguridade industrial, coxeración ou economía circular.
Sumaranse outras propostas que potenciarán o salón como espazo de converxencia de todos os axentes implicados no ámbito enerxético. Así, ademais dalgunhas novidades cuxa incorporación está a ser estudada, levaranse a cabo diversos talleres, presentacións tanto de proxectos como de produtos e asembleas de colectivos con gran importancia dentro do sector.
Tamén se habilitará na zona exterior do recinto un circuíto de mobilidade alternativa no cal os visitantes poderán probar e coñecer as prestacións de distintos vehículos eléctricos, híbridos e de gas. Unha proposta que conta gran éxito entre os asistentes, os cales mostran gran interese por coñecer as prestacións destes modelos.
Unha cita en crecemento
Se na súa edición de partida o certame superou as previsións, na segunda deu un decidido paso á fronte para a súa consolidación. A súa área expositiva contou con 255 firmas (un 5,8% máis) de 20 países, das cales 104 foron expositores directos (un 11,8% máis) de España, Portugal, Alemaña e Bulgaria. As empresas estranxeiras duplicáronse e a súa superficie neta sumou 5.479 m² (un 27,6% maior).En canto aos visitantes que recibiu o salón durante os seus tres días, ascenderon a 6.235, un 13,3% máis. Rexistrouse público de practicamente todas as comunidades autónomas e tamén doutros países, na súa maioría de Portugal, pero tamén de Francia, Suíza, Uruguai, Dinamarca e Reino Unido. Acudiron profesionais e tamén estudantes e consumidores interesados en coñecer novidades.
O seu programa destacou pola amplitude das súas propostas e a participación do público. Desenvolvéronse 86 conferencias agrupadas nun total de 29 xornadas, organizadas por diversas empresas e tamén destacada entidades, como o Instituto Enerxético de Galicia (Inega); Instituto Iberoamericano de Ingenieros de la Energía, Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (Avebiom), Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Federación Galega de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (Fegasinel) e os clústers galegos Agaen e Acluxega. Conducidas por 91 profesionais de máis de 60 entidades, algúns dos aspectos nos que profundaron foron as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, biomasa, autogás, softwares de xestión enerxética, aerotermia, edificios de consumo case nulo, o proxecto Core LNGas hive, mobilidade sustentable, autoconsumo, xeotermia, biogás, coxeración ou hibridación.
Ademais, non faltaron espazos divulgativos como o da Fundación Sotavento Galicia e o Inega, circuítos, talleres ou encontros sectoriais como o da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets (Apropellets), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia (Aecalpo), Fegasinel e tamén o dos clústers da enerxía de Galicia, no que participaron o do Autoconsumo e da Eficiencia Enerxética (Agaen), o de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e o da Xeotermia Galega ( Acluxega).
Respaldo do sector
Os resultados do certame en 2018 supuxeron que a satisfacción de expositores e visitantes fose en aumento, ademais de gañarse de novo o apoio dun destacado comité organizador, encabezado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia e conformado por máis dunha trintena de entidades e empresas de gran relevancia no ámbito enerxético:- Dirección Xeral de Enerxía e Minas –Consellería de Economía, Emprego e Industria
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa – Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Inega – Instituto Enerxético de Galicia
- Igape – Instituto Galego de Promoción Económica
- Icex – España Exportación e Inversiones
- Gain (Axencia Galega de Innovación)
- Apyde (Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia)
- Asociación Eólica de Galicia
- Agaen (Clúster Galego do Autoconsumo Enerxético)
- Cluergal (Clúster Enerxías Renovables de Galicia)
- Acluxega (Asociación Clúster da Xeotermia Galega)
- Asociación Forestal de Galicia
- Confemadera (Confederación Galega de Empresarios da Madeira)
- Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia
- Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais
- Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Fegafón (Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanería, Calefacción, Gas, Climatización, Mantemento e Afíns)
- Fegasinel (Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións)
- Fegape (Federación Galega de Parques Empresariais)
- Aecalpo (Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia)
- Energylab (Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética)
- Avebiom (Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa)
- Naturgy
- Repsol Refinería
- Repsol Gas
- Reganosa (Regasificadora del Noroeste)
- Iberdrola
- Endesa Generación
- Red Eléctrica
- Engasa Eólica
- Setga
- Ecoforest
- Biomasa Forestal
- Greenalia
- Ence Energía y Celulosa
- Abanca
Comentarios
Publicar un comentario